Saturday 04 de May de 2024

Aberto o prazo para participar nunha enquisa sobre a perspectiva de xénero na revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal


O Concello de Narón mantén aberto ata o 10 de novembro o prazo para participar nunha enquisa do proceso de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Poden realizala a través da plataforma Narón Participa todas as persoas da zona urbana e rural naronesa e o obxectivo da mesma é, tal e como se indicou dende a área de Participación Cidadá, “a recollida de información de calidade para a mellor integración da perspectiva de xénero no documento técnico e no modelo de cidade resultante”. O enlace para poder acceder ao procedemento é o seguinte: https://www.naronparticipa.es/es/naron/pro/pxom.

Co fin de que poidan cumplimentar esta enquisa o maior número de persoas posible, tamén se programaron xornadas de enquisa a pé de rúa, para facilitar o proceso a aquelas persoas con dificultades de acceso a través de medios telemáticos.

A relación da persoa con Narón en canto ao traballo e residencia, as actividades que realiza en diferentes ámbitos, a calidade urbana, establecementos e servizos, modos de desprazamento segundo actividade, calificación da calidade das rúas e prazas en función da súa accesibilidade, iluminación, seguridade, equipamento, etc. forman parte de las preguntas. Así mesmo, requírese a idade, nivel de estudos, xénero, sector de emprego no caso de estar traballando e finalmente solicítase que indiquen posibles melloras no ámbito de urbanismo para mellorar a igualdade efectiva de xénero e a conciliación laboral e persoal das familias que residen na cidade.